Se a túa alma é Galicia, emprende.
Buscamos emprendedores con ideas e proxectos capaces de xerar novas fontes de riqueza en Galicia, desde a suma do social e a innovación.
1. Incubación inmersiva no territorio.
2. Por empresarios para emprendedores.
3. Desenvolvemento de proxectos en contacto con axentes locais.
3 meses, viveiro de Silleda.
Os emprendedores seleccionados para participar na primeira edición do Programa RR_dTerritorio son:
Alberto Blanco Taboada
Comunidad de artistas residentes en O Carballiño
Oscar Vázquez Rama
amodo- Asociación de Desenvolvemento Rural
Karina Sánchez García
Fertilucus
Alba Fernández Arias
Galicia Orgánica
Noel González Fernández
My Garden is Yours
María José Tallón García
Trasdeza Natur-Línea Formación
Silverio Salvador Otero Rodríguez
Capón das Quintas
Vicente Gil Varela
Extensión agraria ecológica
Sandra González Álvarez
A Vila do Mañá
Manuel Veiga
Comunidad Agrícola con Energías Renovables
Cesar Emilio Santalla
Comunidad energética en la aldea de Couso
Gloria Mena Rodriguez
Mami de Día
David Blanco Fraga
Drones para la gestión de tierras
Santiago González Avión
Reitoral de Sabaxans
Marta Magalhaes
Enxebre
Parabéns
Pechada a convocatoria 2020.
Vémonos en 2021
Responde aos nosos retos
e desafíos
e desafíos
Responde aos nosos retos e desafíos

Eco-Matadoiro móbil
Como poderíamos INNOVAR para mellorar o benestar animal e facer máis sostible e eficiente o proceso do matadoiro?
A idea dun Eco-matadoiro móbil pretende resolver, por unha banda, o problema de capacidade dos matadoiros tradicionais e, ao mesmo tempo, deseñar unha alternativa que contemple unha morte digna para o animal, utilizando processos “máis humanos” a través do uso das novas tecnoloxías.
Tes outra solución ou diagnóstico para este reto? Compárteo
Marketplace de terras e oficios: o linkedin do sector primario
Como poderíamos INNOVAR para que os produtores e novos emprendedores consigan acceder a terras e persoas especializadas en tarefas do campo?
Este reto consiste en deseñar unha plataforma dixital de inventariado “intelixente” de terras, que serva para identificar aos propietarios e para poñer en contacto aos seus titulares con emprendedores ou empresas interesadas en explotalos. Un marketplace que ademais incorpore un área de persoas especializadas no sector primario, que se ofrezan para traballar nesas explotacións. Banco de terras + banco de cualificación laboral para igual a oferta e demanda: o “linkedin” do sector primario.

Muíños de vento sen aspas
Como poderíamos INNOVAR para que o sector primario e a industria accedan a fontes de enerxía renovables?
O obxectivo é deseñar e fabricar un muíño de vento sen aspas, respetuoso coa fauna e máis eficaz, aproveitando o coñecemento e experiencia da empresa Hierros Fergo, especializada en muíños industriais. Trátase de producir un prototipo para dous usos:
1) Xeración de enerxía eléctrica limpa para a cuarta fase do polígono industrial Lalín 2020.
2) Extracción de auga de fontes soterradas para o gando.
Tes outra solución ou diagnóstico para este reto? Compárteo
Inventariado Camiño de Inverno
Como poderíamos INNOVAR para protexer o patrimonio cultural do Camiño de Santiago de maneira intelixente e automatizada?
Consiste en aproveitar o potencial tecnolóxico que ofrece a Intelixencia Artificial e o Internet das cousas, a través da nova Rede LORA, para elaborar un inventario vivo do patrimonio cultural do Camiño de Inverno, eixe cultural que atravesa Chantada, Rodeiro, Lalín, Silleda e Santiago, entre outros, para facilitar a recuperación, mantemento e restauración deste patrimonio en tempo real.

Modelos nutricionais desde unha perspectiva holística
Como poderíamos INNOVAR para que os nenos reciban nos colexios programas nutricionais desde unha visión holística
Consiste en idear e desenvolver unha solución para introducir novos hábitos de alimentación nos colexios, non só a través dos comedores escolares, senón tamén de maneira holística mediante a educación, a formación e outras actividades que acheguen aos nenos ao coñecemento dos alimentos, a súa orixe e propiedades.
Tes outra solución ou diagnóstico para este reto? Compárteo
Participa
Descarga o modelo de Resumo executivo que debes cubrir para enviarnos
en formato pdf xunto coa súa solicitude para a convocatoria 2021.
en formato pdf xunto coa súa solicitude para a convocatoria 2021.
Descarga o modelo de Resumo executivo que debes cubrir para enviarnos en formato pdf xunto coa súa solicitude para a convocatoria 2021.
© 2020 RR_dTerritorio. Todos os dereitos reservados.